Hemeroteca web
|
RSS
Martes 22.05.2012
| Actualizado 12.06
O número de persoas atendidas nos distintos servizos de Cáritas Diocesana de Santiago viuse case triplicado en só dous anos, tras incrementarse desde os 25.000 en 2008 ós 60.000 que se prevén chegar ó completarse o ano 2010.
Así o sinalou a entidade en roda de prensa en Santiago de Compostela, para despois vaticinar que a situación vaia a "peor" en 2011 en función do ritmo ó que avance a crise económica, xunto con aquelas persoas que proceden de fogares desestruturados e que "cada vez son máis novos".
En concreto, o número de persoas sen fogar "seguirá aumentando" tras superar os 6.703 en 2009 e podería alcanzar os 8.000 ó finalizar 2010. No caso de Santiago de Compostela, onde actualmente se presta atención a unhas 150 persoas sen teito, víronse obrigados a dar cita previa ante o incremento da afluencia por difentes motivos. Así mesmo, advirten de que as previsións son "alarmantes" respecto ó próximo ano xa que, en caso de verse obrigados a contratar máis persoal, os recursos de atención tamén serán menores.
En xeral, o 95 por cento dos afectados son de nacionalidade española, presentan entre 40 e 50 anos e sofren unha situación de exclusión por varios factores. Entre eles, a súa procedencia de fogares desestruturados, afectados polo desemprego, a morte dalgún familiar, malos tratos e que se ven privados da súa condición de cidadán". Moitos dos afectados, sinala Cáritas, corren un alto risco de mergullarse en situacións de drogodependencia, alcoholismo ou de padecer problemas psicolóxicos. Nesta liña, Cáritas de Santiago lamentou que as diversas administracións "non dan a resposta adecuada" para liquidar este problema. "Se hoxe non existimos, morren na rúa", advirten.
Por esta razón, ven "necesario" a promoción de políticas sociais de integración e, "sobre todo, de prevención", ademais de impulsar "un Pacto de Estado pola inclusión social" co fin de "facer visible" este "problema diario" nas rúas de todo o territorio.
Para paliar esta situación, a entidade ofrece un itinerario para favorecer a reinserción social daquelas persoas que carecen de fogar, a través da promoción de hábitos de vida saudable, a súa instalación en albergues, servizos de comedor, roupeiro, duchas e talleres ocupacionais.
Doutra banda, Cáritas impulsa a campaña estatal "Ninguén sen dereitos, ninguén sen fogar", con base nunha a iniciativa europea que marca o obxectivo de que "ninguén teña que durmir na rúa" no horizonte de 2015.
Esta campaña propón que ninguén viva en aloxamentos de urxencia ou temporais por un período superior ó necesario, ademais de que non se abandone unha institución, ben sexa un hospital unha residencia ou unha prisión, sen alternativa de aloxamento.
O xoves tamén o Valedor do Pobo publicou un estudo sobre os "sen teito" asegurando que a súa esperanza de vida redúcese en case vinte e cinco anos xa que moitas destas persoas non acode ó médico por falta de recursos para pagar os medicamentos.
Uns 26.000 sen teito en España
Cáritas de Barcelona alertou de que o paro é un "factor determinante" para os novos "sen teito", a maioría homes nacidos en España ou estranxeiros; solteiros con estudos de secundaria e superior; mozos, ex menores tutelados polas administracións e parellas novas en paro. Desde xaneiro, máis de 1.300 persoas das Dioceses de Barcelona, Sant Feliu de Llobregat e Terrassa que pediron axuda viven na rúa, vehículos ou caravanas; case 3.000 están acollidas nas casa de parentes e amigos; aproximadamente 11.000 viven en cuartos realugados e, máis de 6.000 integráronse nos seus grupos familiares.
Calcúlase que en España máis de 26.000 persoas se atopan "sen fogar". En Europa, máis de tres millóns de persoas viven na rúa e quince millóns en vivendas sen as mínimas condicións.
Cáritas presentou estes datos no contexto do Día das Persoas Sen Fogar que se celebra o domingo. Por iso, reclamou que "a vivenda digna sexa unha declaración de principios e poida ser exercida realmente".
