Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Sociedade

baixa

Crónica dunha apostasía

24.07.2010  Unhas 25 persoas entregan na Arquidiócese de Santiago a súa declaración de abxuramento da Igrexa católica ·· Desde o ano 1991, 688 composteláns fixeron o mesmo

5.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARGA TOJO . SANTIAGO

O grupo de apóstatas á saída do Arcebispado Compostelán cos dous padriños simbólicos á fronte
O grupo de apóstatas á saída do Arcebispado Compostelán cos dous padriños simbólicos á fronte

Os tempos están sempre a cambiar, esa manida frase de Dylan que se pode limar coa outra non menos manoseada de Lampedusa de que todo sigue igual: O caso é que hoxe, polo menos nas formas, resulta máis factíbel o proceso de darse de baixa da Igrexa católica "e nin sequera hai operadores transatlánticos nin contraofertas". É a sensación que transmite a escrupulosa amabilidade urbe et orbi dos secretarios da sé do Arcebispado de Santiago, que outrora exerceu tanto poder sobre a cidadanía compostelá, e que se prestan, incluso, a faceren, cun sorriso nos beizos, a fotocopia do DNI aos apóstatas que esquecen levala. Contrasta coas maneiras ás que teñen acostumada a cúpula da organización e crean unha escena bastante insólita para os profanos que pretenden selo máis aínda. Ao baixaren as escaleiras interiores do predio e cruzar o limiar que dá á Praza da Inmaculada, coméntao a maioría dos participantes -uns vinte e cinco- na abxuración en grupo que tivo lugar onte na capital de Galiza baixo o nome Apostasía Antes do Apóstolo (AAA), apadriñada simbólicamente por Josinho 13 e Ana Tri, e animada pola próxima visita de Benedito XVI á cidade. Foi onte ás 13.00 horas e sucedeuna unha comida de confraternización "para celebrar os feitos", que non son baladís, logo dunha vida de pertenza ao maior clube do mundo, como "convidados de pedra" ou "socios sen participación".

A fórmula é sinxela e existen ducias de páxinas web que o explican: Cómpre levar o DNI orixinal e unha fotocopia, ademais da Declaración de Apostasía. Nesta debe constar o nome, o NIF, a parroquia na que se foi bautizado e a data aproximada en que se recibiu o sacramento (polo común, no mes seguinte ao nacemento), o domicilio e o teléfono de contacto. Alén, unha exposición das razóns e unha solicitude de "abandono" da organización relixiosa.

Desde o ano 1991até o 2009 un total de 688 persoas tramitaron a súa "renuncia" na Diócese compostelá, das cales 92 atópanse paralizadas -segundo fontes do Arcebispado porque non envían a fotocopia do DNI ou porque non facilitan o nome da parroquia onde foron recibiron o sacramento-.

No formulario que onte facilitaban os participantes a todo aquel que quixese seguir o mesmo camiño, alúdese á recepción do sacramento nunha idade en que as facultades intelectivas e volitivas se achan limitadas é á meditación, como adultos, que leva á renegación da fé. Ademais, un terceiro punto detalla o seguinte: "A miña situación persoal encaixa plenamente cos supostos definidos no canon 751 do Código do Dereito Canónico segundo o cal "chámase herexía a negación pertinaz, despois de recibido o bautismo, dunha verdade que debe crerse con fe divina e católica, ou da dúbida sobre a mesma; apostasía é o rexeitamento total da fe católica, o rexeitamento da suxección ao Sumo Pontífice ou da comuñón dos membros da Igrexa a el sometidos". Pídese así mesmo, a exclusión do rexistro de persoas bautizadas á fé católica e o recoñecemento do acto de apostasía facendo uso do dereito constitucional á liberdade ideolóxica e de credo; a formalización xurídica e documental do acto e a notificación por escrito da resolución; e a cancelación dos datos persoais de todos os rexistros eclesiásticos, ao amparo do disposto na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de protección de datos.

Precisamente a este último punto botou man a Igrexa estatal desde para paralizar as peticións desde que se deron os primeiros casos, recorrida con éxito en varias ocasións pola Axencia Española de Protección de Datos. Até que en setembro do 2008 o Tribunal Supremo estableceu que os libros de bautismo non poden ser considerados como ficheiros e revogou o ditame da Audiencia Nacional que reafirmaba o criterio mantido pola axencia desde o ano 2004. Neles "consideraba os documentos conxuntos organizados de datos de carácter persoal e pedía a aplicación aos libros de bautismo do principio de calidade dos datos en relación, á actualización e exactitude dos mesmos", tal como explica o responsábel de comunicación da entidade.

Segundo detalla "a relevancia da cuestión analizada polo Tribunal Supremo na sentenza de 19 de setembro de 2008 e a súa transcendencia constitucional ponse de manifesto polo feito de que ata 5 de outubro de 2008 a AEPD ditou 650 resolucións en procedementos de tutelas de dereito referidas solicitude de cancelación de datos en libros de bautismo e existen na actualidade 556 solicitudes de tutela de dereitos pendentes de resolución, o que paraliza o proceso de decenas de cidadáns".

 

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS