Hemeroteca web
|
RSS
Martes 22.05.2012
| Actualizado 12.06
O presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía (SGXX), o doutor Andrés Vázquez, criticou onte que é "inconcibible" que non existan unidades xeriátricas especializadas na totalidade dos centros hospitalarios de Galicia. Con motivo da presentación do 23 congreso desta entidade, pediu que se inclúa na Facultade de Medicina de Santiago "formación regulada" nas especificidades médicas relativas ás persoas maiores. Segundo revelou, polo momento só se trata, na formación dos facultativos, "algúns aspectos" da psiquiatría xeriátrica e, para adquirir coñecementos específicos de xeriatría, os alumnos deben acudir a cursos optativos.
Na mesma liña, fixo fincapé na importancia de que os chamados coidadores informais de anciáns -familiares e achegados sen formación- estean preparados para atender os maiores. Neste escenario, chamou a atención sobre o feito de que Galicia é das rexións europeas "con maior esperanza de vida", sobre todo en mulleres, polo que son necesarias profesionais dedicadas á atención a maiores.
