Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 13:06
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Sociedade

premiados de xuño

Foltra, galegos do mes

O Grupo Correo Gallego recoñece o labor do doutor Jesús Devesa e de Ana Peleteiro, matrimonio impulsor da clínica de recuperación de dano cerebral e medular de Teo

REDACCIÓN. SANTIAGO  | 30.06.2010 
A- A+

Alba
Jesús Devesa e Ana Peleteiro diante dun cartel co seu lema na clínica Foltra de Teo
FOTO: Alba

O catedrático de Fisioloxía Humana da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, o doutor Jesús Devesa Múgica e a súa muller, Ana Peleteiro Bandín, foi elixido Galego do Mes de Xuño polas redaccións de EL CORREO GALEGO, GALICIA HOXE, Radio Obradoiro, TIerras de Santiago e Correo Televisión, que quixeron recoñecer así o seu brillante labor científico e humano á fronte do proxecto Foltra, que desde a súa clínica de Teo recupera danos cerebrais e medulares permitindo volver andar a afectados por paraplexías.

Jesús Devesa, doutor en Medicina, catedrático de Fisioloxía e médico especialista en Endocrinoloxía e Ana Peleteiro, quen tamén cursou estudos de Medicina, puxeron en marcha en 2005 o Proxecto Foltra, que desenvolve un método único en Europa coa aplicación da hormona de crecemento como clave dun tratamento integral para graves danos cerebrais e medulares.: "A volta do enfermo á vida".

Trátase dun método pioneiro que Devesa foi o primeiro en aplicar e publicar oficialmente no Proffesional Medical Journal.

A medicina pública, que ata agora non aplica esta fórmula en ningún centro, comezará no outono o ensaio médico deste no Centro nacional de Paraplexia de Toledo.

A falta da comprobación científica, o milagre médico de Foltra constátase xa en decenas de casos. Entre eles o do seu fillo Pablo, quen se recuperou ao 100% dun traumatismo cranioencefálico que desembocou nunha hemiplexia. A día de hoxe é un mozo perfectamente san, investigador científico a piques de presentar a súa tese. Os resultados médicos de Devesa dan hoxe a volta ao mundo e ata o herdeiro á coroa de Bulgaria, o príncipe Kardam, recibe tratamento na súa clínica de Teo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS