Venres 03.09.2010
| Actualizado 10.39
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Jesús Devesa e Ana Peleteiro diante dun cartel co seu lema na clínica Foltra de Teo FOTO: Alba |
O catedrático de Fisioloxía Humana da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, o doutor Jesús Devesa Múgica e a súa muller, Ana Peleteiro Bandín, foi elixido Galego do Mes de Xuño polas redaccións de EL CORREO GALEGO, GALICIA HOXE, Radio Obradoiro, TIerras de Santiago e Correo Televisión, que quixeron recoñecer así o seu brillante labor científico e humano á fronte do proxecto Foltra, que desde a súa clínica de Teo recupera danos cerebrais e medulares permitindo volver andar a afectados por paraplexías.
Jesús Devesa, doutor en Medicina, catedrático de Fisioloxía e médico especialista en Endocrinoloxía e Ana Peleteiro, quen tamén cursou estudos de Medicina, puxeron en marcha en 2005 o Proxecto Foltra, que desenvolve un método único en Europa coa aplicación da hormona de crecemento como clave dun tratamento integral para graves danos cerebrais e medulares.: "A volta do enfermo á vida".
Trátase dun método pioneiro que Devesa foi o primeiro en aplicar e publicar oficialmente no Proffesional Medical Journal.
A medicina pública, que ata agora non aplica esta fórmula en ningún centro, comezará no outono o ensaio médico deste no Centro nacional de Paraplexia de Toledo.
A falta da comprobación científica, o milagre médico de Foltra constátase xa en decenas de casos. Entre eles o do seu fillo Pablo, quen se recuperou ao 100% dun traumatismo cranioencefálico que desembocou nunha hemiplexia. A día de hoxe é un mozo perfectamente san, investigador científico a piques de presentar a súa tese. Os resultados médicos de Devesa dan hoxe a volta ao mundo e ata o herdeiro á coroa de Bulgaria, o príncipe Kardam, recibe tratamento na súa clínica de Teo.