Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 25.07.2014  | Actualizado 18.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Sociedade

En santiago

Mayor Zaragoza: "A democracia é ser tido en conta, non ser contado"

"Os comicios electorais non deciden unha democracia", xa que neles "só se contan os votos", asegura o ex director xeral da Unesco, que onte se reuniu coas cátedras de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da institución na USC ·· "Non podemos seguir sendo espectadores", defende

Mayor Zaragoza, ex director xeral da Unesco  - FOTO: AXENCIAS
Mayor Zaragoza, ex director xeral da Unesco - FOTO: AXENCIAS

REDACCIÓN . SANTIAGO   | 28.05.2011 
A- A+

O ex director xeral da Unesco e presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza, asegurou que "a democracia non é ser contado", senón "ser tido en conta como cidadán" tras afirmar que "os comicios electorais non deciden unha democracia", xa que neles "só se contan os votos". Respecto disto, explicou que "a democracia non é ser contado, senón ser tido en conta como cidadán". Polo que considerou "fundamental" ter en conta "os principios democráticos" que figuran na constitución da Unesco nos que se expresa que hai que "construír a paz".

Así o reflexionou este venres na inauguración do encontro das cátedras Unesco de Cultura de Paz, Dereitos Humanos, Democracia, Cidadanía, Xénero, Interculturalidade e Migracións de España que se celebra na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). No acto inaugural tamén participou o reitor da USC, Juan Casares Long, a directora do Departamento de Dereitos Humanos da Unesco, Ángela Melo, a secretaria xeral da Comisión Española de Cooperación coa Unesco, Consuelo Vázquez, o presidente do Seminario Galego de Estudos para a Paz, Manuel Dios, e a concelleira compostelá Guadalupe Rodríguez. Neste escenario, o ex director xeral da Unesco e presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza, valorou a importancia destas xornadas nas que "persoas que levan moitos anos realizando estudos sobre a cultura de paz" poidan realizar "propostas concretas". "Non podemos seguir sendo espectadores dun espectáculo de confusión e intromisión, no que vemos como principios democráticos e dereitos humanos están sendo ocultados polo gran delirio enerxético, militar, financeiro e mediático", apuntou antes de agradecer a presenza dos asistentes e engadir que "as protestas" a esta situación "só son efectivas se van acompañadas de propostas de acción correspondentes".

 

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS