Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Sociedade

Premio a dous galegos pioneiros na Medicina

29.10.2009  Galardóns da Academia Médico Cirúrxica a Manuel Noya, precursor en Neuroloxía, e a Manuel Pereiro, en Micoloxía Dermatolóxica

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Os galardoados, Manuel Noya, á dereita, e Manuel Pereiro, no acto de onte en Santiago
Os galardoados, Manuel Noya, á dereita, e Manuel Pereiro, no acto de onte en Santiago

Son considerados no eido estatal como os pioneiros e precursores da Neuroloxía e da Micoloxía Dermatolóxica, polo seu labor tanto asistencial como investigador. Por este motivo, ademais de polo seu traballo e apoio á Academia Médico Cirúrxica de Santiago, os doutores Manuel Noya García e Manuel Pereiro Miguéns recibiron onte as Medallas de Honra desta institución, que con este emotivo acto deu comezo ó novo curso 2009-2010.

O acto estivo presidido polo secretario xeral da Consellería de Sanidade, Roberto Pérez López, en representación da titular, Pilar Farjas; polo vicerreitor da USC, o doutor Mayán Santos; o decano da Facultade de Medicina, José María Fraga Bermúdez; a tenente de alcalde Mar Martín; a xerente do CHUS, Rosa Bermejo, e o presidente e vicepresidente do Colexio Médico da Coruña, Luciano Vidán e Guillermo Debén, ademais de polo presidente da Academia, o doutor Francisco Barreiro, quen subliñou a figura do doutor Pereiro "por ser un dos personaxes que máis influíron na formación e evolución desta academia, na que foi vicepresidente dúas lexislaturas e secretario noutra".

Ademais, recordou que o dermatólogo compostelán "foi pioneiro no ámbito estatal en Micoloxía Dermatolóxica, sendo un dos máis importantes investigadores". Tamén fixo mención ós seus fillos, os doutores Manuel e Mercedes Pereiro Ferreirós, "que seguen brillantemente a saga familiar como especialistas en Dermatoloxía no CHUS". Sobre o doutor Manuel Noya, catedrático de Medicina Interna da USC e xefe do servizo de Neuroloxía do CHUS, o doutor Barreiro destacou que "foi o introdutor desta especialidade en Galicia e España, sendo punteiro sobre todo en investigación sobre o ictus". Precisamente, o discípulo do doutor Noya, o doutor José Castillo, xefe de sección de Neuroloxía do CHUS, fixo a laudatio do galardoado, mentres que por parte do doutor Pereiro o fixo a doutora Virginia Fernández, profesora titular da USC e especialista de Dermatoloxía do CHUS.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS