Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Sociedade

Tosar "implícase" en Santiago

FOTO: A. HERNÁNDEZ   | 07.10.2010 
A- A+

A Hernández
Tosar "implicándose" nesta actividade
FOTO: A Hernández

A ONG Implicadas no Desenvolvemento presentou onte en Santiago a campaña "1 de 200", que tratará de captar ata xuño de 2011 un total de 200 novos socios -onte apuntouse o actor Luis Tosar- na súa loita contra o infanticidio feminino na rexión india de Salem e visibilizar esta problemática entre a sociedade galega. A presidenta de Implicadas, María Reimóndez, explicou que a cifra obedece a que, de cada 1.000 nacementos que se rexistran na rexión de Salem, hai unha carencia de 200 nenas.

colaboración A Coordinadora Galega para o desenvolvemento percorrerá o Camiño desde Sarria reclamando o 0,7% dos presupostos

cen quilómetros de loita contra a pobreza

OS TRES PARTIDOS POLÍTICOS ASINARÁN UN PACTO NO QUE COMPROMETEN

A COOPERACIÓN

Redacción . Santiago

Integrantes da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (ONGD) percorrerán, dentro da campaña Pobreza Cero, 100 quilómetros do Camiño de Santiago para difundir o contido do Pacto Galego contra a Pobreza.

A marcha partirá o día 11 de outubro da localidade lucense de Sarria para concluír en Santiago, cando está previsto que os tres partidos con representación no Parlamento galego -PPdeG, PSdeG e BNG- e a Coordinadora subscriban o Pacto Galego contra a Pobreza, que establecerá "compromisos" para a cooperación exterior ao desenvolvemento.

A campaña, baixo o nome 100 km x 1 pacto = Pobreza 0, partirá o día 11 dende Sarria e fará paradas e Portomarín, Palas de Rei, Arzúa, Pedrouzo e Monte do Gozo, para rematar no Reitorado da USC en Santiago, onde se asinará o protocolo. En cada unha das localidades de paso a coordinadora desenvolverá actos de "sensibilización" e "difusión" da loita contra a pobreza, e involucrará ás corporacións locais para a lectura dun manifesto relativo á campaña.

O Pacto Galego contra a Pobreza está inspirado no Pacto de Estado contra a Pobreza, un documento asinado en 2007 por todos os partidos políticos con representación no Congreso. O texto galego recolle compromisos concretos para poñer en marcha medidas políticas encamiñadas ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, máis alá de quen goberne.En concreto, o borrador do Pacto compromete os asinantes a "manter un esforzo en materia de Axuda Oficial ao Desenvolvemento que garanta que, antes do fin de 2017, polo menos o 0,7% do presuposto consolidado da Xunta se dedique a Axuda ao Desenvolvemento".

Neste sentido, o presidente da coordinadora, Xosé María Torres, denuncia a "mala situación" da cooperación ao desenvolvemento por parte da Xunta, dado que Galicia é a "última comunidade" de España en investimento, que "non chega nin ao 0.1 por cento do presuposto total consolidado". Pola contra, a poboación galega achega anualmente "entre 15 e 18 millóns de euros" para a loita contra a pobreza, "fronte aos "menos de 10 mi- llóns" que inviste a Xunta.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS